Coworking Cultural 2023

Nova edición da formación para emprendedores/as culturais no rural galego

O Coworking Go2Work é un programa de desenvolvemento profesional, sen custe para os seus participantes, que ten como meta apoiar o emprendemento cultural e artístico no rural, poñendo a disposición do alumnado profesionais e experiencias de gran percorrido.

Esta formación, que comezará o próximo 3 de marzo, está cofinanciada polo Fondo Social Europeo, e enmárcase nun convenio asinado entre a Fundación Paideia Galiza e a Fundación EOI – Escuela de Organización Industrial, contando coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural, Asociación Deloa, ASDECOMOR, Ribeira Sacra-Courel e Comarca de Lugo.

Aberto o prazo de inscrición

Xa está aberto o prazo de inscrición a través da nosa web para todas aquelas persoas que desexen participar nesta iniciativa, que contará cun total de 60 horas formativas presenciais e de 40 de titorías individuais para cada un dos proxectos participantes.
As sesións presenciais desenvolveranse os venres en horario de 16:00 a 20:00 h e algún sábado de 10:00 a 14:00 na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Participarán como relatores e titores recoñecidos profesionais na xestión da cultura no rural, como María Montesino, da Asociación Cultural La Ortiga, Noemí Vázquez, de A Arca da Noe e expertos en financiación, traballo cooperativo, dereito, sustentabilidade ou márketing e comunicación. O taller de apertura, que terá lugar o día 3 de marzo, será guiado pola Directora do Museo de La Vida Rural (Fundació Carulla), Gemma Carbó.
Nesta edición levaranse a cabo diferentes eventos, enmarcados no ámbito territorial dos Grupos de Desenvolvemento Rural colaboradores, co obxectivo de favorecer o networking entre os emprendedores e demais axentes do ecosistema emprendedor, integrándoos coas actividades da comunidade de emprendedores.
Pódese ampliar información a través da páxina web da Fundación Paideia Galiza, do correo electrónico padron@paideia.es ou do teléfono 981 817 000 e da páxina web de EOI – Escuela de Organización Industrial.
O programa Go2work é un espazo de traballo destinado a persoas emprendedoras y está concibido para incrementar as probabilidades de éxito dos proxectos participantes.

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X