29 Abr E ti.. que opinas?
Dende o eixe de Xuventude e mobilidade da Fundación Paideia Galiza lanzamos unha campaña para coñecer, nestes momentos de incerteza que estamos vivindo, as inquedanzas da xuventude galega. A actual situación de Estado de Alarma causada polo virus covid-19 provocou o cerre e paralización da actividade formativa programada para os próximos meses. Preo este período ofrece unha gran oportunidade para escoitar a vosa situación, intereses, plans de futuro… e así poder desenvolver novos proxectos e programas.
- A quen va dirixida esta proposta? A tódolos/las mozos e mozas de entre 16 e 30 anos residentes en Galicia que queirades participar e compartir as vosas inquedanzas con nós.
- Que queremos? Queremos escoitarvos, coñecer os vosos intereses, medos, desexos… coa finalidade de converter as vosas aportacións en propostas reais de formacións, programas e proxectos.
- Como o faremos? Moi fácil. Soamente tes que cubrir uns datos de contacto e nós poñerémonos en contacto contigo. Sen compromiso ningún.
¿Queres participar? Cubre o seguinte formulario:
Sorry, the comment form is closed at this time.