clausurado o foro internacional carta de santiago

A conferencia de María Neira, directora do Departamento de Saúde Pública da Organización Mundial da Saúde (OMS), pechou o programa do foro internacional Carta de Santiago: diálogos para unha sociedade de futuro.

A súa intervención realizouse desde Glasgow, onde asistía á Conferencia das Nacións Unidas sobre cambio climático. Desde a cidade escocesa conectou con Santiago de Compostela a través dunha proxección holográfica.

Ademais de María Neira, no foro participaron 40 expertas/os internacionais que debateron sobre os desafíos globais ós que se enfronta a nosa sociedade. Deste xeito, Carta de Santiago convírtese nun importante evento de reflexión sobre diferentes ámbitos de interese global. A cultura e das artes, a economía, o medio ambiente, a ciencia ou a tecnoloxía centraron os temas sobre os que se debatiu durante os tres días do foro.

O Foro Internacional Carta de Santiago estivo organizado pola Fundación Paideia Galiza en colaboración coa Xunta de Galicia.  O encontro reuniu a arredor de 2.000 asistentes.  Máis  de 600 seguírono de xeito presencial na Cidade da Cultura, ademais de sumar máis de 1.200 visualizacións a través da súa retransmisión por streaming.

As conclusións dos tres días de debate recolleranse nunha publicación baixo o título “Carta de Santiago”.

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X