Pechamos o ciclo «Neurociencia e xustiza» coa xornada sobre «A neuromellora».

Pechamos o ciclo «Neurociencia e xustiza» coa xornada sobre «A neuromellora».

A sede da Fundación Paideia Galiza na Coruña acolleu o ciclo “Neurocencia e Xustiza”que se pechou coa xornada «A neuromellora». Nesta última sesión abordáronse  cuestións como a plasticidade cerebral ou a capacidade do cerebro de adaptarse ó medio para ser máis eficiente. No encontro participaron Alberto Ferrús, profesor emérito de Investigación do CSIC; Javier Cudeiro, Catedrático de Fisioloxía da Universidade da Coruña e Director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia; e Lydia Feito, Profesora titular de Bioética e Humanidades Médicas da Universidad Complutense de Madrid.

 

Na xornada do 20 de maio “O libre albedrío” debateuse sobre  os mecanismos da toma de decisións e sobre se ese proceso é consciente e voluntario ou está influído polas emocións. Nese primeiro coloquio participaron como relatores José María Delgado, Catedrático de Neurociencia da Universidad Pablo de Olavide de Sevilla; Jesús Conil, Catedrático de Filosofía moral e política da Universidad de Valencia; e Daniel González Lagier, Catedrático de Filosofía do Dereito da Universidad de Alicante. A sesión estivo dividida en tres bloques temáticos “Cara una neurociencia da liberdade”, “Neurociencia e libre albedrío desde una perspectiva ética” e “Pode escapar o Dereito do desafío do determinismo neurocientífico?”.

 

Neste ciclo de xornadas analizáronse incógnitas como a orixe da conciencia ou a creación da mente. Tamén se examinou a  relación da neurociencia con disciplinas como o dereito, a arte, a economía, as ciencias ou a filosofía. Estivo organizado conxuntamente pola Fundación Paideia Galiza e a Universidade da Coruña a través do Grupo de Investigación Neurocom-UDC-INIBIC e o Grupo de Investigación Filosofía Constitución e Racionalidade-UDC.

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

X