«Neurociencia e xustiza», novo ciclo de xornadas organizadas pola Fundación Paideia Galiza e a UDC

«Neurociencia e xustiza», novo ciclo de xornadas organizadas pola Fundación Paideia Galiza e a UDC

A sede da Fundación Paideia Galiza na Coruña acollerá dúas xornadas dentro do ciclo “Neurocencia e Xustiza”. Analizarase  a orixe da conciencia ou a creación da mente e examinarase a relación da neurociencia con outras disciplinas como o dereito, a arte, a economía, as ciencias ou a filosofía.

«O libre albedrío»

A primeira xornada celebrarase o 20 de maio ás 19:00 h baixo o título “O libre albedrío”. Debaterase sobre os mecanismos da toma de decisións e sobre se ese proceso é consciente e voluntario ou se pola contra, está influído polas emocións. Exporase tamén se os humanos tomamos decisión libres ou se estamos condicionados polo insconsciente e abocados ó neurodeterminismo.

Neste primeiro coloquio participarán como relatores José María Delgado, Catedrático de Neurociencia da Universidad Pablo de Olavide de Sevilla; Jesús Conil, Catedrático de Filosofía moral e política da Universidad de Valencia; e Daniel González Lagier, Catedrático de Filosofía do Dereito da Universidad de Alicante.

Esta sesión estará dividida en tres bloques temáticos “Cara una neurociencia da liberdade”, “Neurociencia e libre albedrío desde una perspectiva ética” e “Pode escapar o Dereito do desafío do determinismo neurocientífico?”.

«A neuromellora»

A sesión do 3 de xuño, titulada “A neuromellora”, abordará cuestións como a plasticidade cerebral ou a capacidade do cerebro de cambiar, adaptándose ó medio para ser máis eficiente.

De feito, os avances científicos están xerando novas alternativas para mellorar a plasticidade cerebral que esixen cuestionarse se é eticamente correcto mellorar a capacidade cognitiva dalgúns individuos ou se é lícita a selección xenética para crear superhumanos.

Este é o propósito deste segundo encontro no que participarán Alberto Ferrús, profesor emérito de Investigación do CSIC; Javier Cudeiro, Catedrático de Fisioloxía da Universidade da Coruña e Director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia; e Lydia Feito, Profesora titular de Bioética e Humanidades Médicas da Universidad Complutense de Madrid.

Igual que na sesión anterior, dividirase a xornada en tres bloques: “Euxenesia ou terapia? Un dilema sen final”, “Nesta festa coeime, e o cerebro mellorei. Ou non?” e “O ideal ético da humanidade e a neuromellora”.

Colaboración da Universidade da Coruña

A entrada para ambas sesións é gratuíta, previa inscrición a través da web www.paideia.es e ata completar aforo. Este ciclo de xornadas está organizado conxuntamente pola Fundación Paideia Galiza e a Universidade da Coruña a través do Grupo de Investigación Neurocom-UDC-INIBIC e o Grupo de Investigación Filosofía Constitución e Racionalidade-UDC.

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X