15 Jun Hortas e novas zonas de xardín para o colexio Sanjurjo de Carricarte da Coruña
Desde a nosa fundación colaboramos recentemente co CEIP Sanjurjo de Carricarte da Coruña. A colaboración consistiu no acondicionamento e renovación da horta e das zonas de xardín do colexio, situado no barrio de Monte Alto da Coruña.
O obxectivo deste apoio é que o alumnado poida ver de preto o proceso de semente. Deste xeito poderán coñecer cómo se plantan e medran as hortalizas que comemos, á vez que aprenderán qué coidados necesitan e participar deles.
Toda a comunidade educativa, desde nais, pais, alumnado e profesorado, están totalmente involucrados e poñendo moito interese neste proxecto. Tamén participan no coidado do terreo e na creación dun plan de plantación, ademais de preparar e regar o terreo semanalmente. Incluso crearon un grupo de whastapp para organizar este reparto de tarefas.
A posta a punto destas zonas comúns levouse a cabo a través da empresa de economía social Trébore Jardinería, que preparou a instalación e realizou a instalación do rego automático.
Este proxecto inclúese dentro do eixe de emprendemento da nosa fundación, e máis en concreto na área de emprendemento social. A través desta área a nosa organización, ademais de promover os seus propios proxectos de intervención social, apoia e coopera con outros proxectos da sociedade civil.
Sorry, the comment form is closed at this time.