14 Jul No marco da Lanzadeira Emprega Paideia 2 beneficiarios obtiveron un traballo
Na primeira semana de xullo 2 beneficiarios do Proxecto de Emprego Antear obtiveron un traballo nas seguintes empresas colaboradoras:
O grupo multinacional téxtil con sede no Polígono Industrial de Sabón (Arteixo-A Coruña), incorporou na súa fábrica STEAR a un novo beneficiario do Proxecto Antear. Neste caso o mozo desenvolverá un posto como Operario de corte.
CAMPSA RED, rede de estacións do grupo REPSOL, incorporou a un beneficiario do Proxecto Antear como Expendedor de Gasolineira para substitución de vacacións na temporada de verán.
Ademais hai que sinalar que a día de hoxe, 3 beneficiarios (Emprega) están a realizar prácticas en diferentes empresas do sector da limpeza.
Por último, indicar que a vindeira estancia formativa no sector da “Xardineria e o Viverismo”, enmarcada nas accións formativas da lanzadeira de emprego EMPREGA-PAIDEIA, está previsto que se inicie o vindeiro luns 17 de xullo. Dita acción formativa impartirase nas instalación de Trébore Xardinería (Mera-Oleiros) empresa de Economía Social vinculada á Fundación Paideia Galiza.
Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.