Novo programa integrado de emprego de Galicia

O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO EMPREGA-PAIDEIA, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industría da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Fundación Paideia Galiza, impulsa a inserción laboral de persoas en situación de desvantaxe que residan na provincia de A Coruña.

O PROGRAMA EMPREGA procura adecuar as competencias profesionais e persoais dos/as participantes ás requiridas no mercado laboral actual, coa finalidade de mellorar a  súa empregabilidade.

Está dirixido a persoas desempregadas que cumpran un dos seguintes requisitos:

✅ Que posúan o certificado de discapacidade.

✅ Con idades comprendidas entre os 16-29 anos e non conten con estudos superiores.

✅ Con idades comprendidas entre os 16-29 anos e conten con estudos e/ou interese na industria musical.

Para alcanzar o obxectivo do PROGRAMA EMPREGA, realizarase un seguimento individualizado de cada participante e impartiranse accións formativas de xeito práctico en sectores innovadores: economía verde, industria musical, ofimática aplicada ao posto de traballo ou mantemento de edificios e locais. Acompañaranse de módulos de orientación laboral e prácticas en empresas.

As accións son  gratuítas e contémplanse bolsas de transporte para os/as participantes. O programa levarase a cabo nos vindeiros 12 meses e durante este tempo, non se poderá optar a     outras accións formativas financiadas pola Xunta de Galicia.

Para as persoas que teñan cargas familiares, existe a posibilidade de xestión de servizo de gardería e/ou atención domiciliaria,  posibilidade de entrevistas online e flexibilidade horaria.

Formar parte do PROGRAMA EMPREGA supón participar nun programa promovido pola Fundación Paideia Galiza, unha entidade  con mais de 20 anos de experiencia na creación de oportunidades de emprego para persoas en situación de vulnerabilidade. A día de hoxe, a Fundación Paideia Galiza conta con máis de 50 empresas colaboradoras. Ademais, ó redor de 600 persoas obtiveron un posto de traballo a través dos seus programas de emprego.

Teléfono: 981 223 927

Whatsapp: 618 408 949

Email: emprega@paideia.es

 Sede A Coruña: praza Mª Pita 17, 15001 A Coruña

Sede Padrón: lugar da Escravitude s/n 15980, Padrón, A Coruña

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X