28 Jul O programa integrado de emprego da Fundación Paideia retoma as súas accións de xeito presencial
Dende que se decretou o estado de alarma polo Covid-19 o pasado marzo, tivéronse que paralizar todas as accións presencias do Programa Integrado de Emprego, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Dende o pasado 1 xullo estamos realizando de novo:
- Accións de seguemento individual de xeito presencial.
- 25 participantes estanse formando nos sectores de Mantemento de Edificios e Locais, Economía Verde e Deseño Gráfico.
- 10 participantes están realizando prácticas non laborais en empresas de limpeza, xardineria e alimentación.
- 35 participantes están enriquecendo as súas competencias xenéricas para o emprego, a través de formacións especificas en habilidades comunicativas, procura de emprego a través das redes sociais e técnicas para enfrontarse a procesos de selección.
Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.