O festival de la Luz acollerá un escenario de talento galego no que participarán os 10 proxectos da aceleradora musical Sonemerxente

Os dez proxectos musicais integrados no programa Sonemerxente, participarán no Festival de la Luz en Boimorto (A Coruña). Sonemerxente é a aceleradora de proxectos musicais organizada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais,  e a Fundación Paideia Galiza.

As actuacións programaranse durante o sábado 26 e o domingo 27 de agosto nun escenario poligonal con 8 metros de fronte e unha gran pantalla central e deseñado para a ocasión. Por él pasarán Paraíso Canto, Samudra Trío, Zeltia Irevire, De Ninghures, Adrian Timms, HYDN, Ani Baires, Helena Egea, Law e Mondra.

Todas as propostas compartirán cartel con artistas nacionais e internacionais como Viva Suecia, Vicco, Rayden, Heredeiros da Crus,  Ladilla Rusa, Roi Méndez, Ona Mafalda, Luar na Lubre ou Reincidentes.

Dez propostas de diferentes estilos musicais

O Escenario Sonemerxente é unha aposta polo talento emerxente galego a través dunha proposta que impulsará o directo e a profesionalización dos proxectos. Polo Escenario Sonemerxente do Festival de la Luz pasarán as seguintes propostas musicais:

Sábado 26 de agosto
  • Paraíso Canto. Martiño Malleiro e Gabi Reboredo dan vida a este dúo que parte da tradición oral galega para crear un son persoal experimentando con músicas ibéricas, lusófonas ou de outras culturas do mundo.
  • Samudra Trío. Esta agrupación convirte a música de cámara nunha linguaxe universal e reivindicativa. A través da frauta, o violonchelo e o piano, o trío transpórtanos a diferentes paisaxes do mundo e recupera obras de compositoras que foron  silenciadas na súa época.
  • Zeltia Irevire: Proxecto de música folk-tribal que busca conectar coa natureza. Constrúen un realismo máxico que percorre a Terra a través da cultura galega con instrumentos orgánicos que se envolven nunha voz emotiva e delicada.
  • De Ninghures: Banda de novo folk galego que nace das inquedanzas de sete mozos/as de diferentes comarcas da rexión. Partindo da tradición, presentan un repertorio con influencias de músicas de outros pobos da Península Ibérica, América Latina ou o Magreb.
  • Adrian Timms. Mozo británico-andaluz que basea o seu proxecto nunha mestizaxe cultural entre o indie-pop británico e texturas da música tradicional galega. Despois de publicar un primeiro disco acústico, xa ten en marcha o segundo, onde aposta por mesturar o orgánico e o electrónico.
  • HYDN. Combinando o galego e o inglés, o universo musical de hydn trasládanos a un mundo de fantasía, nunha viaxe sonora experimental e única. Pop, electrónica e RnB mestúranse nunha atmosfera dark para xogar co medo e o desexo ao diferente.

Os dez proxectos musicais integrados no programa Sonemerxente, participarán no Festival de la Luz en Boimorto (A Coruña). Sonemerxente é a aceleradora de proxectos musicais organizada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais,  e a Fundación Paideia Galiza.

DOMINGO 27 de agosto
  • Ani Baires. A artista leva máis de 10 anos facendo música coa súa guitarra. O seu estilo íntimo combina o pop con sons melódicos e acústicos. Neste momento está inmersa na creación do seu primeiro EP.
  • Helena Egea. Cantante e compositora multinstrumentista (violín, piano e guitarra). O seu estilo bebe de influencias do soul, o jazz, o rock ou o blues. Letras íntimas e garra feminina definen a esta artista que xa ten ganado varios premios en Galicia polas súas cancións e que moi pronto publicará o seu EP de debut.
  • Law. Artista galega multidisciplinar que fusiona nas súas composicións toques de RnB, hip hop, soul, funk e mesmo melodías con reminiscencias da cultura xaponesa. O seu estilo melancólico busca o equilibrio entre unha música urbana desenfadada e liñas vocais e letras complexas e coidadas.
  • Mondra. Mozo cantante, artista, bailarín e profesor de música tradicional galega. Nos seus proxectos integra música, moda, danza e o audiovisual para cantar á liberdade a través de sons que se moven entre a electrónica e o folclore máis tradicional.

Unha decena de propostas

A aceleradora de proxectos musicais Sonemerxente está a impulsar na actualidade as propostas de 10 bandas e artistas que foron seleccionados para participar nesta iniciativa da Xunta de Galicia que xestiona a Fundación Paideia Galiza e que conta co financiamento dos fondos NextGeneration da Unión Europea dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

O conxunto de participantes en Sonemerxente está a vivir unha experiencia de impulso e dinamización estruturada en dúas etapas. A primeira delas, centrouse en sesións individuais e colectivas de mentorización ao redor de asuntos capitais como son a produción, promoción ou modelo de negocios. Na segunda parte, na que se sitúan as actuacións musicais do Festival de la Luz, dedícase á participación dos artistas en circuítos de concertos, festivais, encontros con medios ou a asistencia a mercados profesionais. Toda a  información do proxecto Sonemerxente está recollida a través da web www.sonemerxente.gal.

No hay comentarios

Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.

X