
19 Jun XII PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL MANS FUTURO 2017
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza, titular do Estudio de Gravación Audiovisual – Estudios Mans, promoven os XII Premios á Excelencia Musical Mans Futuro 2017.
Estes premios teñen como obxectivo o recoñecemento do esforzo e a posta en valor dos méritos dos artistas noveis galegos/as que veñen de rematar os estudos de música nos Conservatorios Superiores de música da Comunidade Autónoma de Galicia, servindo como proxección destes traballos recollendo o seu traballo coa gravación e promoción dun traballo discográfico. Poderán participar na convocatoria os alumnos dos dous conservatorios superiores de música de Galicia que tiveran acadao a cualificación de sobresaínte ou matrícula de honra no traballo fin de estudos na especialidade de interpretación no ano académico 2016/2017 ou no ano anterior.
+INFO E BASES : estudiosmans.com/mans-futuro-2017
Sorry, the comment form is closed at this time.