13 Ago XIV Premios á Excelencia Musical Mans Futuro
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza – Estudios Mans, promoven os XIV PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL MANS FUTURO 2019
Estes premios teñen como obxectivo o recoñecemento ao esforzo dos/as estudantes dos conservatorios superiores de música de Galicia, servindo ademais como proxección para os mozos/as galegos/as, gravando e promocionando o seu traballo.
REQUISITOS PARA PARTICIPAR
Ter acadada a cualificación de sobresaínte ou matrícula de honra no traballo de fin de estudos na especialidade de interpretación no ano académico 2018/2019 ou no ano anterior, en calquera dos dous conservatorios de música de Galicia.
COMO PARTICIPAR?
Os/as aspirantes que cumpran os requisitos, deberán presentar unha copia dunha gravación de vídeo no que interpreten tres pezas de diferentes estilos (obras ou fragmentos da obra) e co acompañamento que precise de ser o caso e cunha dificultade acorde co nivel destas ensinanzas.
PREMIOS
Outorgaranse os seguintes premios:
- Un primeiro premio
O primeiro premio consiste na gravación discográfica, mestura, edición e masterización dun CD dunha duración máxima de 45 minutos nos Estudios Mans da Coruña
- Dúas mencións de honra
Os/as premiados/as coas mencións de honra, terán dereito á gravación, mestura edición e masterización dunha maqueta cunha duración máxima de 25 minutos por alumno/a, nos Estudios Mans da Coruña.
Cada alumno/a premiado/a terá dereito á gravación dun vídeo en falso directo cunha duración máxima de 3 minutos que se realizará na mesma xornada de gravación do repertorio.
ENTREGA DE SOLICITUDES
Os/as alumnos/as que cumpran os requisitos recibirán información sobre o procedemento a través de correo electrónico (no mes de setembro de 2019) por parte da Dirección Xeral de Educación, F.P e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia. O prazo para a inscrición dos participantes rematará o xoves 26 de setembro de 2019 ás 14:00 h. Os/as candidatos/as deberán cubrir o formulario que se lles facilitará e remitilo á seguinte dirección:
Edificio Administrativo San Caetano. Bloque 2, 2º andar. 15781. Santiago de Compostela (Tel.: 981 546 556/5).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo remata o 26 de setembro de 2019 ás 14:00 h.
INFORMACIÓN E BASES DO CONCURSO
contacto@estudiosmans.com | www.estudiosmans.com/mans-futuro
*A participación na convocatoria supón a enteira aceptación das bases do concurso
Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.