07 Feb A relación musical entre Galicia e Portugal a debate na Fundación Paideia Galiza
A Fundación Paideia Galiza e a Agadic da Xunta de Galicia organizaron o primeiro dos encontros do IV Ciclo de Xornadas das Industrias Musicais.
A primeira xornada “Superar fronteiras coa música” celebrouse o pasado 6 de febreriro. Contou coa cantora galega Uxía e con Joana Brandão, experta en comunicación, xestión e produción de espectáculos en Portugal.
Ámbalas dúas son recoñecidas profesionais dentro do ámbito da escena musical galega e portuguesa e reflexionaron sobre a importancia de establecer pontes de comunicación entre as dúas comunidades. Presentaron o acto o vicepresidente da Fundación Paideia Galiza, Guillermo Vergara e o director da Agadic, Jacobo Sutil.
A xornada estivo moderada pola xornalista Belén Regueira, cunha salientable traxectoria profesional nos medios públicos galegos, onde presentou o programa musical Chambo e dirixiu o espazo radiofónico Extrarradio. No ano 2008 acadou o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora. O encontro contou ademais cun showcase acústico da artista Astrogirl
As seguintes xornadas incluídas dentro deste ciclo celebraranse o 5 de marzo e do 2 de abril tamén na sede da Fundación Paideia Galiza na Coruña. As temáticas que se abordarán serán as “Condicións de traballo nos eventos musicais” e “A música: o territorio perfecto para unir marcas e consumidores”. O prazo de inscrición abrirase proximamente.
A Fundación Paideia Galiza e Agadic pretenden favorecer, coa organización destas xornadas, o intercambio, o debate e a reflexión do papel dos/as profesionais vencellados/as á industria musical.
Lo sentimos, en estos momentos no es posible realizar comentarios.